Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45080

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1246/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1246/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Gómez Ratón contra a empresa Frutas Gallego Ramos, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo integramente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Verónica Gómez Ratón contra a empresa Frutas Gallego Ramos, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Frutas Gallego Ramos, S.L., a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.594,71 euros incrementada no 10 % de demora salarial. Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Frutas Gallego Ramos, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 9 de novembro de 2012

A secretaria xudicial