Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45079

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (291/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 291/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Dorrío Rey contra a empresa Aceros Carballo, S.L. Unipersonal, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«A Coruña, 3 de outubro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Javier Dorrío Rey, en cuxo nome e representación comparece o letrado Pedro Pedreira Candal, e doutra como demandada, Aceros Carballo, S.L. Unipersonal, que non comparece malia estar citado.

Decido que, estimando a demanda formulada por Javier Dorrío Rey contra a empresa Aceros Carballo, S.L. Unipersonal, condeno esta a aboarlle a cantidade de 2.836,67 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos cos xuros conforme o artigo 29.3 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela non cabe recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose realizando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en forma legal a Aceros Carballo, S.L. Unipersoal, en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de outubro de 2012

O secretario xudicial