Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45078

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (152/11).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 29.10.2012, no proceso seguido por instancia de Construcciones Navila, S.L. contra o INSS, a TXSS, José Cambra Insua, Edificaciones Orivan, S.L., a administracion concursal de Edificaciones Orivan, S.L. e o Fogasa, en reclamación por seguridade social-recarga de prestacións, rexistrouse co nº 152/11 e acordouse notificar a Edificaciones Orivan, S.L., a seguinte parte resolutiva da sentenza:

«Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda formulada pola empresa Construcciones Navila, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Edificaciones Orivan, S.L. e a súa administración concursal, o Fogasa e José Cambra Insua, absolvéndoos das pretensións formuladas contra eles e declarando conforme a dereito a resolución do INSS, de data 29.12.2010, impugnada.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contando desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e ss. da L.P.L., pasados os cales a sentenza quedará firme en dereito e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Edificaciones Orivan, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de novembro de 2012

A secretaria xudicial