Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45076

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

AUTOS (1231/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 31 de xullo de 2012, no proceso seguido por instancia de María Encarnación Calvillo Señarís contra Mommada Textil, S.L., administración concursal Mommada Textil, S.L. e Fogasa, en reclamación por despedimento, se rexistrou co número 1231/2011 e se acordou notificar a Mommada Textil, S.L. a resolución de sentenza seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta por María Encarnación Calvillo Señarís contra a empresa Mommada Textil, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 31 de outubro de 2011 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, condenándoa a indemnizala pola extinción coa cantidade –salvo erro ou omisión– de vinte e un mil trescentos corenta e nove euros e cincuenta céntimos (21.349,50 euros) e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, tendo en conta que ascenden a nove mil sesenta e nove euros e corenta céntimos (9.069,40 euros).

Así mesmo, absólvese a administración concursal da empresa Mommada Textil, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo das súas respectivas responsabilidades conforme a Lei concursal e o artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme, e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado, o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberá acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptiva para recorrer. Sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Mommada Textil, S.L, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para su publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de novembro de 2012

A secretaria xudicial