Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45074

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1232/11).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 31.7.2012, no proceso seguido por instancia de María Isabel Antelo Velo contra Mommada Textil, S.L., admón. concursal de Mommada Textil, S.L. e o Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrouse co nº 1232/11 e acordouse notificar a Mommada Textil, S.L. a seguinte parte dispositiva da sentenza:

«Resolvo que estimando a demanda interposta por María Isabel Antelo Velo contra a empresa Mommada Textil, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 31.10.2011 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, condenando a empresa a indemnizala pola extinción coa cantidade -salvo erro u omisión- de dezasete mil cinco euros e trece céntimos (17.005,13 €); e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, tendo en conta que ascenden a nove mil sesenta e nove euros e corenta céntimos (9.069,40 €).

Así mesmo, absólvese a administración concursal da empresa Mommada Textil, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo das súas respectivas responsabilidades conforme a Lei concursal e o artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme, e que contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Se for recorrente a empresa demandada, deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o comprobante de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta no Banesto; a consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e acreditarase tamén a consignación na indicada conta da suma de trescentos euros preceptiva para recorrer; sen este requisito non se terá por anunciado o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Mommada Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de novembro de 2012

A secretaria xudicial