Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45072

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1242/11).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 31.7.2012, no proceso seguido por instancia de María del Carmen Iglesias Otero contra Mommada Textil, S.L., a administración concursal de Mommada Textil, S.L. e o Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrouse co nº 1242/11 e acordouse notificar a Mommada Textil, S.L., a seguinte parte dispositiva da sentenza:

«Resolvo que estimando a demanda interposta por María del Carmen Iglesias Otero contra a empresa Mommada Textil, S.L., declaro improcedente o despedimento do que foi obxecto o 31.10.2011 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, e condeno a empresa a indemnizala pola extinción coa cantidade -s. e. ou o.- de vinte e un mil trescentos corenta e nove euros e cincuenta céntimos (21.349,50 €); e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, tendo en conta que ascenden a nove mil sesenta e nove euros e corenta céntimos (9.069,40 €).

Así mesmo, absólvese a administración concursal da empresa Mommada Textil, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo das súas respectivas responsabilidades conforme a Lei concursal e o artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme, e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Se for recorrente a empresa demandada, deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o comprobante de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta no Banesto; a consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e acreditarase tamén a consignación na indicada conta da suma de trescentos euros preceptiva para recorrer; sen este requisito non se terá por anunciado o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Mommada Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de novembro de 2012

A secretaria xudicial