Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44840

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (453/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 453/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Andrés Sanjuán Regueiro contra a empresa Delfos Solucións e Proxectos, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo José Andrés Sanjuán Regueiro contra a empresa Delfos Solucións e Proxectos, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante con data do 15 de marzo de 2012 (con data de efectos do 31 de marzo de 2012) e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes; e, en consecuencia, condeno a empresa demandada, Delfos Solucións e Proxectos, S.L., a aboar ao demandante unha indemnización por despedimento a razón de 23.438,57 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso o interpón a parte demandada, non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta no Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229 da LPL. Ambos os ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución, á disposición deste xulgado, de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario, empresa Delfos Solucións e Proxectos, S.L., de que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de novembro de 2012

A secretaria xudicial