Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44842

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (457/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 457/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Rita Regina García León contra a empresa Yessica Vázquez Uzal, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo integramente a demanda que en materia de cantidade interpuxo Rita Regina García León contra a empresa Yessica Vázquez Uzal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Yessica Vázquez Uzal a que lle aboe á demandante a suma de 975 euros, máis o 10 % por xuros de demora.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Yessica Vázquez Uzal, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de novembro de 2012

A secretaria xudicial