Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44838

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (780/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 780/2012, por instancia de Alberto Santiago Fernández contra a empresa Budhart 13, S.C. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 29 de outubro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estímase a demanda interposta por Alberto Santiago Fernández contra a Budhart 13, S.C., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, con desestimación da excepción de caducidade oposta por este último e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado por Budhart 13, S.C. ao demandante Alberto Santiago Fernández.

– Condénase a Budhart 13, S.C. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.104,31 euros, determinando o aboamento desa indemnización a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a desta resolución ascenden a 5.027,86 euros, aos cales se deberán engadir os que se xeren ata a súa notificación, a razón de 40,90 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Budhart 13, S.C., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de novembro de 2012

A secretaria xudicial
Rubricado