Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44836

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1020/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1020/2010, por instancia de Abel Vidal Alvarado contra Cascel Proyectos, S.L. e Fogasa sobre ordinario, nos que recaeu sentenza con data do 6 de novembro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Parte dispositiva.

Estímase a demanda interposta por Abel Vidal Alvarado contra a entidade Cascel Proyectos, S.L. con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

Condénase a empresa Cascel Proyectos, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de cinco mil catrocentos cincuenta e nove euros con noventa e sete céntimos (5.459,97 €).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza de beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Así o acorda a asina S Sª. Dou fe. O maxistrado xuíz».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Cascel Proyectos, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de novembro de 2012

A secretaria xudicial
Rubricado