Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44834

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (520/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 520/2010, por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a Exfoga, S.L., INSS-TXSS, sobre prestacións, en que recaeu auto de aclaración de sentenza con data do 6 de novembro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Parte dispositiva.

É procedente a aclaración da resolución da sentenza do 24 de setembro de 2009, que quedará como segue:

Decido:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a entidade Exfoga, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia:

Condénase a empresa Exfoga, S.L. a aboar á Mutua Gallega, como responsable directa, a cantidade de once mil oitocentos setenta e oito euros con trinta céntimos (11.878,30 €), con responsabilidade subsidiaria o INSS e da TXSS respecto dos gastos por asistencia sanitaria, por importe de cinco mil setecentos euros con cincuenta e un céntimos (6.553,91 €) para o caso de insolvencia da anterior.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Así o acorda a asina S Sª. Dou fe. O maxistrado xuíz».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Exfoga, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de novembro de 2012

A secretaria xudicial
Rubricado