Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 8 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de outubro de 2012 polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado proxecto sectorial para a ampliación das instalacións da empresa Plastic Omnium en Cedeira, Redondela, así como das disposicións normativas contidas no mencionado proxecto.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG núm. 218, do xoves 15 de novembro de 2012, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 42922, no artigo 2.1.6. Equipamento, onde di: «Exponse como uso o uso de aparcadoiro en superficie», debe dicir: «O destino específico do dito equipamento será o que determine o Concello de Redondela a través do procedemento previsto no artigo 47.4 da Louga, mediante acordo do concello en pleno e por maioría absoluta».

Na páxina 43011, no artigo 3.2.27. Ámbito da zona 4, onde di: «Comprende os espazos destinados á prestación de servizos dotacionais de aparcadoiro en superficie», debe dicir: «Comprende os espazos destinados á prestación de servizos dotacionais que se fixen de acordo co establecido polo artigo 47.4 da Louga».

Na páxina 43011, elimínase o artigo 3.2.28. Tipo de edificación.