Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 7 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se notifica o acordo recaído no procedemento disciplinario incoado a Gonzalo González Martínez.

O 11 de outubro de 2012 o director xeral de Xustiza adoptou un acordo nun procedemento disciplinario incoado a Gonzalo González Martínez, funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Marín. Por estar en paradoiro descoñecido, e en aplicación do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procede a súa notificación por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia. A dita resolución literalmente di:

«(...) ACORDO:

1. Incoar expediente disciplinario ao funcionario ao servizo da Administración de Xustiza Gonzalo González Martínez, pola posible comisión da falta moi grave tipificada no artigo 7, letra c), do Regulamento xeral do réxime disciplinario do persoal ao servizo da Administración de Xustiza (o abandono do servizo). Remitirlle copia da documentación que figura no expediente ao instrutor designado pola Secretaría de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Antonio Paz Fernández, secretario xudicial destinado no Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra.

2. Designar como secretario no presente expediente disciplinario a Valentín González Álvarez, funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa destinado no Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, e notificarlle a súa designación.

3. Notificarlle a Gonzalo González Martínez o acordo de incoación de expediente disciplinario, informándoo do dereito de recusación previsto no artigo 27 do Regulamento xeral do réxime disciplinario do persoal ao servizo da Administración de Xustiza, que poderá exercitar en calquera momento do procedemento mediante escrito motivado dirixido á Dirección Xeral de Xustiza, así como de que pode actuar asistido dun letrado ou dos representantes sindicais que determine.

A notificación deste acordo servirá de consulta ao funcionario acerca de se se opón ou non á comunicación da incoación do expediente disciplinario aos órganos de representación dos funcionarios prevista no artigo 5 do RRD, entendéndose que non existe oposición no suposto de que no prazo dos tres días seguintes ao da notificación non remita a este centro directivo comunicación expresa en sentido contrario a través do fax número 981 54 62 22.

Contra este acordo non cabe interpoñer ningún recurso, aínda que os interesados, consonte o previsto no artigo 107.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán realizar alegacións para opoñerse a el, sen prexuízo da posibilidade de recorrer contra a resolución que poña fin a este procedemento».

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza