Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44659

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (717/2012)

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 717/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio José Losada Romero contra Canalonsa Aluminios Lugo, S.L., Canalonsa, C.B. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse providencia do teor seguinte:

Examinado o anterior escrito o 31.10.2012, presentado por Julio José Losada Romero, acordo:

Ter por ampliada a demanda reitora destes autos contra a empresa Canalonsa, C.B.

Constando nas actuacións que non hai actividade ningunha no domicilio que se sinala como da codemandada Canalonsa, C.B., suspéndense os actos de conciliación e xuízo sinalados para o próximo día 23.11.2012 ás 11.35 horas, e sinálanse novamente para o día 25.1.2013 ás 11.20 horas, para o cal se citan as partes en legal forma e coas advertencias legais, as cales deberán concorrer con todos os medios de proba de que intenten valerse, non suspendéndose estes pola súa incomparecencia.

Cítense os representantes legais de Canalonsa Aluminios Lugo, S.L. e Canalonsa, C.B., para que o día e hora antes sinalados comparezan na Sala de Audiencia deste xulgado, co obxecto de practicar interrogatorio de partes, prevíndoos de que, caso de non compareceren, se poderán ter por recoñecidos os feitos cuxa fixación como certos lles sexan enteiramente prexudiciais.

A non comparecencia do litigante, sen mediar escusa previa, á práctica da proba de interrogatorio de parte determinará a imposición a este dunha multa de 180 a 600 euros, de conformidade co previsto no artigo 292.1 da LAC.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación en forma ás empresas Canalonsa Aluminios Lugo, S.L. e Canalonsa, C.B. e aos seus representantes legais, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 6 de novembro de 2012

O secretario xudicial