Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (39/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 39/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Manuel Bestilleiro Souto contra a empresa Carpintería y Construcción Técnica Coruñesa, S.L. e a súa comunidade hereditaria, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo integramente a demanda que en materia de cantidade interpuxo Manuel Bestilleiro Souto contra a empresa Carpintería y Construcción Técnica Coruñesa, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno á empresa demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 8.004,77 euros, que se incrementará co 10 % por xuros moratorios aplicables aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso o interpón a parte demandada, non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta no Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, número 4757 0000 código 36 e número de expediente, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social. Ambos os ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución, á disposición deste xulgado, de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á comunidade hereditaria de Carpintería y Construcción Técnica Coruñesa, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de novembro de 2012

A secretaria xudicial