Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44655

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (369/2012).

Número de autos: procedemento ordinario 369/2012.

Demandante: Judith Pazo Couto.

Demandados: Confederación de Autónomos y Profesionales de España Caype.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que neste Xulgado do Social, seguido por instancia de Judith Pazo Couto contra a empresa Confederación de Autónomos y Profesionales de España Caype, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Judith Pazo Couto contra a entidade Confederación de Autónomos y Profesionales de España (Caype) e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe a Judith Pazo Couto a cantidade de 5.058,84 €, incrementada nun 10 % por xuros moratorios aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229 da LPL. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista. Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á Confederación de Autónomos y Profesionales de España, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 6 de novembro de 2012

A secretaria xudicial