Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44661

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (863/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 863/2010 deste xulgado do social se ditou sentenza número 749/12 cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 22 de outubro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre prestacións de incapacidade temporal 863/2010, sendo demandante Ángela María Roca López, asistida polo letrado Sr. Páramo Sureda, e demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS), coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Suárez Herva, así como a empresa Gonsanlo, S.L.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Ángela María Roca López contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS), así como contra a empresa Gonsanlo, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa Gonsanlo, S.L. ao aboamento, a favor de Ángela María Roca López, das prestacións de incapacidade temporal, con efectos do 19 de outubro de 2010, de cálculo sobre a base reguladora diaria de 46,38 euros, prestacións cuxo importe, na diferenza correspondente ás xa aboadas, se é o caso, deberá ser anticipado no seu aboamento por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social, sen prexuízo do seu dereito de reintegro con cargo á empresa Gonsanlo, S.L.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación á mercantil Gonsanlo, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de outubro de 2012

A secretaria xudicial