Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución de cancelación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente OU-PF-106/2012.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo que se achega, a cancelación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na Xefatura Territorial de Ourense situado na avda. da Habana núm. 79, 2º, 32003 Ourense.

De acordo co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 9 de novembro de 2012

Luís J. Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-PF-106/2012.

Interesada: Rosanna Valentina Almonte Liranzo.

Pasaporte nº: PN0031761.

Enderezo: avda. de Celanova, nº 74, 2º B, A Valenzá - Barbadás (Ourense).