Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 12 de novembro de 2012, do Servizo de Turismo da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 30 de outubro de 2012, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-110/12, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante a secretaria xeral para o Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 12 de novembro de 2012

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-110/12.

Denunciado: Mesón O 28, S.L.

CIF: B70060868.

Establecemento: café bar O Santo.

Enderezo: lugar de Ortoño.

Localidade: Ames.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, letra b), da Lei 7/2011.

Resolución: 30 de outubro de 2012.

Sanción: multa de cento cincuenta euros (150 €).