Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada solicitada por Xilo Galicia, S.L. para as instalacións do complexo xestor de residuos localizado no concello das Somozas. (Número de autorización 2006/0156_NAA/IPPC_164. Clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-111).

Con data do 30.4.2008 outorgouse a Xilo Galicia, S.L. a autorización ambiental integrada 2006/0156_NAA/IPPC_164 para as instalacións do complexo xestor de residuos localizado no concello das Somozas (A Coruña) da que é titular. Nesta autorización estableceuse unha vixencia de cinco anos contados a partir do día seguinte da súa notificación ao titular, que se efectuou o 19.5.2008.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, se é o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previsto no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

– «Documento técnico para a renovación da autorización ambiental integrada das instalacións de Xilo Galicia, S.L. Concello das Somozas. Setembro de 2012».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no devandito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental - Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de As Somozas (r/ Igrexa, 1, 15565 As Somozas).

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2012

Xusto de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental