Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44650

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1012/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1012/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Antonio Blanco Muelas, José Varela Bello, Jesús Carro Rodríguez, contra a empresa Reformas y Pinturas Afonso Moraes, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Número de autos: procedemento ordinario 1012/2010.

Na cidade da Coruña, vinte e seis de outubro de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do Xulgado e localidade ou provincia A Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandantes comparecen Antonio Blanco Muelas, José Varela Bello, Jesús Carro Rodríguez, asistidos do letrado Pedro Pedreira Candal, e doutra como demandado Reformas y Pinturas Afonso Moraes, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma.

En nome do Rei

Ditou a seguinte

Decisión:

Que estimando a demanda formulada por Antonio Blanco Mulas, José Varela Bello e Jesús Carro Rodríguez contra a empresa Reformas y Pinturas Alfonso Moraes, S.L., condeno esta a aboarlles a cantidade total de 12.521,33 euros, que lles debe en concepto de salarios e demais conceptos conforme a desagregación recollida no relato de feitos probados.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito, neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado, co número 1533.0000.65.1012.10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.1012.10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso ao momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

E para que conste e sirva de notificación á empresa Reformas y Pinturas Alfonso Moraes, S.L., expídese o presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 6 de novembro de 2012

O secretario xudicial