Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44652

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (922/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 922/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Begoña González González contra a empresa Mutua Universal, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Select Recursos Humanos ETT, S.A., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Autos seguridade social 922/2010.

A Coruña, 29 de outubro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre seguridade social entre partes, dunha e como demandante, Begoña González González, asistida do letrado Francisco Valiño Ferreiro, e doutra e como demandada, a Mutua Universal, en cuxo nome e representación comparece a letrada Carlota Peláez Sabell, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, en cuxo nome e representación comparece a letrada María del Carmen García Sánchez, e Select Recursos Humanos ETT, S.A., que non comparece malia estar citada en legal forma.

En nome do rei ditou a seguinte sentenza 842/2012:

Decido que desestimo parcialmente a acción exercida por Begoña González González contra o INSS, a TXSS, a Mutua Universal e a empresa Select Recursos Humanos ETT, S.A., con absolución dos demandados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado, co número 1533 0000 36 0922 10, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 0922 10, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Select Recursos Humanos ETT, S.A., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de novembro de 2012

O secretario xudicial