Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44649

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (532/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por Resolución ditada o día 24.10.2012, no proceso seguido por instancia de José Luis Silva Vázquez contra Conszoa, S.L., en reclamación por cantidade-salarios, rexistrouse co nº 532/2010 e acordouse notificar a Conszoa, S.L., a parte dispositiva do auto de aclaración de sentenza seguinte:

«Parte dispositiva.

(1) Acórdase substituír a redacción do número terceiro do fundamento xurídico segundo da sentenza deste xulgado do 10.10.2012, ditada nos autos 532/2010, pola seguinte: “3. Polo que se refire á solicitude da multa prevista no artigo 97.3 LPL, esta petición non pode acollerse, desde o punto e hora que a empresa está de baixa e notificaron edictos, sen que concorran circunstancias que permitan xustificar a súa imposición”; ademais, o ditame deberá incluír –a seguir de “estimando”– a palabra “parcialmente”.

(2) Acórdase substituír o ditame da mesma resolución polo seguinte teor: “Que, estimando parcialmente a demanda interposta por José Luis Silva Vázquez contra a empresa Conszoa, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de dous mil catrocentos setenta e oito euros (2.478 €), incrementada co xuro por demora do 10 %”.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Conszoa, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 6 de novembro de 2012

A secretaria xudicial