Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (480/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento Seguridade Social 480/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Manuel Catoira García contra a empresa Panxón, S.A., Santodomingo e Hijos, S.L., Instituto Social da Mariña, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pesquera Santa Cruz, S.A., Api-Antártida Industrial, S.A., Nuvconsa, S.A., sobre seguridade social, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

«Autos 480/2011.

A Coruña, 31 de outubro de 2012.

Lara María Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos sobre xubilación, por instancia de Manuel Catoira García, que comparece representado polo letrado sr. Varela Míguez, contra o instituto Social da Mariña e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que comparecen representados pola letrada sra. Regueira Rodríguez, as empresas Panxón, S.A., que comparece representada polo sr. García Martínez e asistida do letrado sr. Villar Álvarez, Nuvconsa, S.A., Santodomingo e Hijos, S.L., Pesquera Santa Cruz, S.A e Api-Antártida Industrial, S.A., que non comparecen, ditou a seguinte sentenza.

Decido que estimando en parte a demanda interposta por Manuel Catoira García contra o Instituto Social da Mariña, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, as empresas Panxón, S.A., Nuvconsa, S.A., Santodomingo e Hijos, S.L., Pesquera Santa Cruz, S.A. e Api-Antártida Industrial, S.A.:

a) Declaro que a base reguladora da prestación de xubilación xa recoñecida é de dous mil seiscentos tres euros e trece céntimos (2.603,13 €).

b) Condénanse as empresas Panxón, S.A. e Santodomingo e Hijos, S.L. a que constitúan ante a Tesouraría Xeral da Seguridade Social o capital custo da diferenza da pensión (525,03 €) de xubilación nunha proporción de 5,93 % e 94,03 % respectivamente.

c) Condénase o Instituto Social da Mariña a aboar ao demandante a pensión de xubilación na contía do 100 % da nova base reguladora recoñecida.

d) Absólvense as empresas Pesquera Santa Cruz, S.A., Api-Antártida Industrial, S.A. e Nuvonsa, S.A.

Notifíquese esta resolución ás partes, e fágaselles saber que non é firme, e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Santodomingo e Hijos, S.L., Pesquera Santa Cruz, S.A. e Api-Antártida Industrial, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de novembro de 2012

A secretaria xudicial