Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44447

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (667/2012).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 667/2012 por instancia de Marcos Laíño Ordóñez contra a empresa Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 11.10.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión.

Que debo estimar e estimo a demanda de despedimento improcedente interposta por Marcos Laíño Ordóñez contra a empresa Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., debe a empresa, no prazo de cinco días, optar por reintegrar ao traballador nas súas anteriores condicións ou en indemnizar a Marcos Laíño Ordóñez con 45 días de salario por ano de servizo, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano, polo tempo transcorrido desde o inicio da prestación de servizos (5.6.2011) ata o 11 de febreiro de 2012 inclusive, e unha indemnización de 33 días de salario por ano de servizo (rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano), polo tempo transcorrido desde o 12 de febreiro de 2012 ata o 7.5.2012 cun salario regulador diario de 43,03 €.

Se se opta pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta sentenza, tendo en conta que o salario diario é de 43,03 €.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciarse previamente ante este Xulgado do Social no prazo dos cinco días hábiles seguintes contados desde o día seguinte á súa notificación, por comparecencia ou por escrito das partes, do seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpolo, e será posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de outubro de 2012

O secretario xudicial