Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44448

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1008/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1008/2010 por instancia de Eva Aragón Riveiros contra a empresa Pasaloben, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 15.10.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Eva Aragón Riveiros fronte a Pasaloben, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Pasaloben, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de mil oitocentos cinco euros con dezaseis céntimos de euro (1.805,16 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Pasaloben, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 30 de outubro de 2012

O secretario xudicial