Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44449

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (378/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 378/2012, por instancia de Abel Arrajo López contra Sefogas, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 14.6.2012 que copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido.

Estímase a demanda interposta por Abel Arrajo López contra a entidade Sefogas, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase a extinción, con data desta resolución, a relación laboral que unía o demandante coa empresa Sefogas, S.L.

– Condénase a empresa Sefogas, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de vinte e catro mil setecentos oito euros con dezaoito céntimos (24.708,18 euros) en concepto de indemnización e a cantidade de catro mil catrocentos tres euros con corenta e tres céntimos (4.403,43 euros) en concepto de salarios debidos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Sefogas, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de novembro de 2012

A secretaria xudicial
Rubricado