Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44451

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1011/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1011/2010 por instancia de Miguel Ángel Janeiro Fernández contra a empresa Dygra Films, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 17.10.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Miguel Ángel Janeiro Fernández fronte a Dygra Films, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Dygra Films, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de novecentos setenta euros (970 euros).

Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Dygra Films, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 5 de novembro de 2012

O secretario xudicial