Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44452

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (820/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 820/2009, por instancia de 'Ver PDF' contra Luis Manuel García Rodellino, Vidrio Arte Coruña, S.L., Coruñesa de Parabrisas, S.L., Autoarte Galiza, S.L., Vidrioarte Galiza, S.L. e Don 24 Horas, S.C., Mutua Gallega, Mutua Intercomarcal, Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre reclamación de cantidade, en que recaeu sentenza con data do 15 de outubro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que debo desestimar e desestimo a demanda formulada por 'Ver PDF', asistida do letrado Antonio Vázquez López, contra Vidrioarte Galiza, S.L., Autoarte Galicia, S.L. e Don 24 Horas, S.C., todas elas asistidas do letrado Íñigo Fernández Saavedra, por falta de lexitimación pasiva; contra a Mutua Gallega, asistida da letrada Alicia Llan Lodos, por falta de lexitimación pasiva; contra a Mutua Intercomarcal, asistida da letrada María del Mar Torres Guzmán, contra o INSS, asistido da letrada Victoria Regueira Rodríguez, e contra as entidades Luis Manuel García Rodellino, Vidrio Arte Coruña, S.L., Coruñesa de Parabrisas, S.L. e Autoarte Coruña, S.L., en rebeldía procesual, polo que debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma ás empresas Luis Manuel García Rodellino, Vidrio Arte Coruña, S.L. e Coruñesa de Parabrisas, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de novembro de 2012

A secretaria xudicial
Rubricado