Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44446

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (813/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 813/2010 por instancia de Eduardo Cotos Paz contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fraternidad Muprespa e a empresa Transporte Riazor, sobre seguridade social, nos cales se ditou sentenza en data 19.10.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión.

Que estimo a excepción de falta de lexitimación pasiva interposta pola Mutua e debo desestimar e desestimo a demanda presentada por Eduardo Cotos Paz contra o INSS, TXSS, Mutua La Fraternidad Muprespa e Transportes Riazor, e absolvo as demandadas dos pedimentos recollidos na demanda.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela poderá interporse recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Transportes Riazor, expido e asino a presente.

A Coruña, 30 de outubro de 2012

O secretario xudicial