Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44444

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (540/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 540/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Cordido Docal contra a empresa Asistencia Médico Laboral, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Servicios de Salud Nexgrup, S.L.U., administración concursal de Servicios de Salud Nexgrup, S.L.U., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza: 778/2012.

Nº autos: procedemento ordinario 540/2010.

A Coruña, 4 de outubro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante, María Dolores Cordido Docal, en cuxo nome e representación comparece a letrada Isabel Gil Sánchez, e doutra e como demandada, Servicios de Salud Nexgrup, S.L.U. e a súa administración concursal, Asistencia Médico Laboral, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen malia estaren citados en legal forma.

En nome do rei ditou a seguinte sentenza 778/2012:

Decido:

1. Que estimando a demanda formulada por Mª Dolores Cordido Docal contra á empresa Asistencia Médico Laboral, S.L., condeno a esta a lle aboar a cantidade de 5.172,32 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos, cos xuros conforme o artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

2. Que desestimo a acción exercida contra o Fogasa, Servicios de Salud Nextgrupo, S.L. e a súa administración concursal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0540.10, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.0540.10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación á empresa Servicios de Salud Nexgrup, S.L.U. e Asistencia Médico Laboral, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de novembro de 2012

O secretario xudicial