Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44442

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (50/2010).

José Luis Gutiérrez Martín, secretario do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, fai saber que neste xulgado se seguen autos de concurso voluntario abreviado número 50/2012 -c-, de Rocas Elaboradas Balboa, S.L.U., nos cales na Sección Sexta de Cualificación se ditou en data 19 de abril de 2012 sentenza, cuxa parte dispositiva literalmente di:

«Decisión.

Que estimando parcialmente as demandas de cualificación presentadas pola Administración concursal e o Ministerio Fiscal na presente Sección Sexta do concurso ordinario 50/2010, en que é concursada Rocas Elaboradas Balboa, S.L.:

Declaro culpable o concurso por concorrencia das causas previstas nos artigos 164.2.1º (irregularidade relevante para a comprensión da situación patrimonial ou financeira da entidade) e 165.1º (presentación tardía da solicitude de concurso) da Lei concursal.

Declaro persoa afectada pola cualificación a Víctor Manuel Costas Barreiro, e condeno o afectado pola cualificación, Víctor Manuel Costas Barreiro, á inhabilitación para administrar os bens alleos durante un período de oito anos, así como para representar ou administrar calquera persoa durante o mesmo período; á perda de calquera dereito que tivese como acredor concursal ou da masa; e a que pague aos acredores concursais o 50 % do importe dos créditos non percibidos na liquidación da masa activa.

Con desestimación das demais cuestións suscitadas.

Sen pronunciamento expreso en canto a custas.

A presente sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interporá directamente neste órgano logo de constitución de depósito por importe de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado, domiciliada na entidade Banesto, no prazo de 20 días desde a súa notificación.

Notifíqueselles ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi publicada polo xuíz que a subscribe no mesmo día da súa data, estando a celebrar audiencia pública coa miña asistencia o secretario, do cal dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro do afectado pola cualificación, José Manuel Salgado Novás, en paradoiro descoñecido e situación de rebeldía procesual, expídese a presente para que sirva de notificación da sentenza.

Pontevedra, 20 de abril de 2012