Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44440

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (111/2008).

En Pontevedra o vinte e un de marzo de dous mil doce.

Na sección do concurso ordinario 111/08 de Ynieuropa, S.L., ditouse o 20.3.2012 sentenza nº 50/12, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Decido que, estimando parcialmente as demandas de cualificación presentadas pola administración concursal e o Ministerio Fiscal na presente sección sexta do concurso ordinario 111/2008, en que é concursada Ynieuropa, S.L.

Declaro culpable o concurso por concorrencia das causas previstas no artigo 164.2.1 (irregularidade relevante para a comprensión da situación patrimonial ou financeira da entidade) e 165.1 (presentación tardía da solicitude de concurso) da Lei concursal.

Declaro persoa afectada pola cualificación Álvaro Méndez Gil, e

Condeno o afectado pola cualificación, Álvaro Méndez Gil, á inhabilitación para administrar os bens alleos durante un período de seis anos, así como para representar ou administrar calquera persoa durante o mesmo período; á perda de calquera dereito que tivese como acredor concursal ou da masa, e a que pague aos acredores concursais o 40 % do importe dos créditos non percibidos na liquidación da masa activa.

Con desestimación das demais cuestións suscitadas.

Sen pronunciamento expreso en canto a custas.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra que se interpoñerá directamente neste órgano logo da constitución de depósito por importe de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado, domiciliada na entidade Banesto, no prazo de 20 días desde a súa notificación.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en forma ao afectado rebelde Álvaro Méndez Gil, publícase a presente.

Pontevedra, 21 de marzo de 2012

O secretario xudicial