Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44062

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2012 pola que se integra a Diego Martínez Hernández, funcionario do corpo de catedráticos de escola universitaria, no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na súa disposición adicional primeira dispón o seguinte:

«A partir da entrada en vigor desta lei, logo de solicitude dirixida ao reitor da universidade, os funcionarios e funcionarias doutores do corpo de catedráticos de escola universitaria poderán integrarse no corpo de profesores titulares de universidade nas mesmas prazas que ocupen, mantendo todos os seus dereitos e computando como data de ingreso no corpo de profesores titulares de universidade a que tivesen no corpo de orixe. Os que non soliciten a dita integración permanecerán na súa situación actual e conservarán a súa plena capacidade docente e investigadora…».

Unha vez solicitada polo profesor Diego Martínez Hernández, con DNI 36042600J, funcionario do corpo de catedráticos de escola universitaria, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confire a Lei orgánica 6/2001, de universidades, e os estatutos desta universidade, resolve integralo no corpo de profesores titulares de universidade, con efectos desde o 24 de maio de 1999.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela