Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44063

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3611/2009 CRS).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 3611/2009 CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 701/2004 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, promovidos por Alejandro Carbajo Prieto contra o Servizo Galego de Saúde, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Normalización Auxiliar de Trabajos y Construcción Naval, S.L. (Natcom), Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, sobre accidente, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandado Alejandro Carbajo Prieto, así como o formulado polo tamén demandado Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, nos presentes autos sobre determinación de continxencia tramitados por instancia da demandante Mutua Asepeyo, fronte ao referidos recorrentes e os tamén demandados Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, e a empresa Normalización Auxiliar de Trabajos y Construcción Naval, S.L. (Natcom), debemos confirmar e confirmamos integramente a dita sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Advírteselle á parte, Normalización Auxiliar de Trabajos y Construcción Naval, S.L. (Natcom), que a partir deste momento se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Normalización Auxiliar de Trabajos y Construcción Naval, S.L. (Natcom), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de outubro de 2012

A secretaria xudicial