Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44065

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4375/2009 VV).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4375/2009 VV.

Materia: accidente.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, María Pazos Porto.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Servicios y Equipos de Acuicultura, S.A.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 da Coruña. Demanda 1003/2007.

Secretaría: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións de demanda/recurso de suplicación número 4375/2009 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 1003/2007 do Xulgado do Social número 1 da Coruña, promovidos por María Pazos Porto contra Servicios y Equipos de Acuicultura, S.A., sobre accidente, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que desestimando os recursos de suplicación formulados pola representación procesual do Instituto Nacional da Seguridade Social e da demandante María Pazos Porto, ambos os dous recursos interpostos contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 desta capital, de data 22 de xaneiro de 2009, en autos 1003/2007, seguidos por instancia da referida demandante-recorrente, sobre invalidez, fronte ao INSS-TXSS, así como fronte á Mutua Fraternidad-Muprespa, a empresa Equipos de Acuicultura, S.A. e o Fogasa, confirmamos integramente a resolución impugnada.

Notifíqueselle esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao sulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Servicios y Equipos de Acuicultura, S.A., con último domicilio coñecido na rúa Severo Ochoa, 25, 15008 A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentencia ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de outubro de 2012

A secretaria xudicial