Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44067

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4869/2009 CRS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4869/2009 CRS.

Materia: desemprego.

Recorrente: Óscar Álvarez Castro. Lda. Margarita Muñoz Meilán.

Recorridos: Servizo Público de Emprego Estatal, Fogasa, Guñeiro, S.L.U., r/ Curros Enríquez, 8, piso 2, 27277 Cospeito.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Lugo.

Demanda 168/2009.

Secretaría: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 4869/2009 CRS, a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 168/2009 do Xulgado do Social número 3 de Lugo, promovidos por Óscar Álvarez Castro contra o Servizo Público de Emprego Estatal, Fogasa, Guñeiro, S.L.U., sobre desemprego, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos: desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Óscar Álvarez Castro contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Lugo de data 21.10.2009, seguido por instancia do recorrente contra o Servizo Público de Emprego Estatal-Inem, Gruñeiro, S.L.U. e Fogasa, e confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte, Gruñeiro, S.L.U., que a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Gruñeiro, S.L.U., con último domicilio coñecido na r/ Curros Enríquez 8, 2º, 27337 Cospeito, Lugo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de outubro de 2012

A secretaria xudicial