Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44069

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1754/2008 IP).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 1754/2008 IP-A a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 317/2007 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social, Diego Moledo Pereira, contra o Servizo Galego de Saúde, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mecanizados García Barreiro, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente, con data 13 de setembro de 2012 ditou auto a Sala do Social do Tribunal Supremo, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

A Sala acorda. Declara a inadmisión do recurso de casación para unificación de doutrina interposto pola letrada María José Martínez-Fariza Conde, en nome e representación da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 27 de febreiro de 2012, no recurso de suplicación número 1754/2008, interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social e Diego Molero Pereira, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo de data 11 de xaneiro de 2008, no procedemento número 317/2007, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Diego Molero Pereira, Mecanizados García Barreiro, S.L. e Servizo Galego de Saúde (Sergas), sobre accidente de traballo.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, con imposición de custas á parte recorrente e perda do depósito constitutivo, e mantense o aval prestado ata que se cumpra a sentenza ou se resolva, se é o caso, a realización deste. Contra este auto non cabe ningún recurso. Devólvanse os autos de instancia e o rolo de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación. Así o acordamos, mandamos e asinamos.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Mecanizados García Barreiro, S.L., con último domicilio coñecido no polígono industrial de Amoedo, parcela 2B, zona C, Pazos de Borbén, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de outubro de 2012

O secretario xudicial