Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43527

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3606/2009).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 3606/2009 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 1034/2008, do Xulgado do Social número 2 de Vigo, promovidos pola mutua de accidentes de traballo Fremap contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Carlos Mourente Blanco, Ben Atia Maouroudi, sobre outros dereitos seguridade social, con data do 26 de setembro de 2012 se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Que, con estimación do recurso interposto pola mutua Fremap, anulamos a sentenza que con data do 10 de xuño de 2009 se ditou en autos tramitados polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, co obxecto de que con plena liberdade de criterio se dite nova resolución que emende as deficiencias que expresamos na nosa fundamentación.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que no sucesivo se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Carlos Mourente Blanco, Ben Atia Maouroudi, con último domicilio coñecido no Carramal, Salcedo (Pontevedra) e na rúa San Sebastián, 25 (O Porriño), expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de outubro de 2012

O/a secretario/a xudicial