Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43525

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4810/2009).

Nas actuacións número 4810/2009-S a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 305/2008 do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, promovidos por Manuel Mosquera García contra Promociones Batiola, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Decidimos:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante Manuel Mosquera García, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, nestes autos, tramitados por instancia do recorrente contra a empresa demandada Promociones Batiola, S.L., debemos confirmar e confirmamos a citada sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma Promociones Batiola, S.L., con último domicilio coñecido nos Areeiros, nº 108, Castiñeiras-Ribeira (A Coruña), e no lugar de Fontán, nº 1, portal 3, 1º C, Ribeira (A Coruña), expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de outubro de 2012

A secretaria xudicial