Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43524

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2012 pola que se acorda a publicación do emprazamento a todas as persoas que presentaron solicitude para a participación nas probas selectivas para cubrir sete prazas da categoría profesional de técnico superior de xestión, grupo I, catro pola quenda de promoción interna e tres pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade, convocadas pola Resolución do 26 de xullo de 2012.

Por Resolución do 7 de novembro de 2012 procederase a remitir ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela o expediente administrativo relativo ao procedemento abreviado nº 518/2012, interposto por Elena Isabel Pernas Verdugo, contra a Resolución do 26 de xullo de 2012 pola que se convocan probas selectivas para cubrir sete prazas da categoría profesional de técnico superior de xestión, grupo I, catro pola quenda de promoción interna e tres pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade, e ao emprazamento das persoas que aparezan como interesadas nel e que poidan resultar afectadas pola sentenza xudicial que se dite no seu día.

En aplicación do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que poidan comparecer no procedemento de referencia no prazo de nove días, contados desde esta publicación, co fin de que acudan, se o consideran conveniente para os seus dereitos, mediante avogado e procurador ou valéndose tan só de avogado con poder para estes efectos, co obxecto de que poidan formular no antedito recurso cantas alegacións coiden oportunas, coa prevención de que, se non compareceren dentro do aludido prazo, recaerán sobre eles os prexuízos correspondentes en dereito.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela