Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43523

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010.

Unha vez recibida a proposta motivada da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Facenda, formulada mediante escrito do 5 de novembro de 2012, e os certificados acreditativos das cualificacións acadadas polos funcionarios nomeados en prácticas, de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, o tribunal nomeado pola Orde do 10 de maio de 2011 (DOG número 96, do 19 de maio), en sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2012,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar aptos todos os participantes nomeados funcionarios en prácticas en virtude da Orde do 29 de xuño de 2012 (DOG número 130, do 2 de xullo) que participaron no dito curso selectivo. A orde de prelación, que se recolle no anexo, establécese de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010 (DOG número 1, do 3 de xaneiro de 2011).

Segundo. Propor os participantes relacionados no anexo a que se refire o punto primeiro desta resolución para o seu nomeamento como funcionarios de carreira, de conformidade co disposto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012

Eva María García Pérez
Presidenta do tribunal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Total oposición

Total concurso

Curso selectivo

Total

33322813E

Arias López, María Yolanda

47,10

36,00

Apta

83,10

44844787H

Vizcaíno Cordido, Vanesa

56,96

0,00

Apta

56,96

76990792V

Álvarez Figueroa, Sabino

53,69

1,35

Apta

55,04