Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43529

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5435/2009 RSU).

Sala do Social-Secretaría Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 5435/2009 RF.

Materia: accidente.

Recorrentes: Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Jorge Temes Montes, Odilo González Táboas, Alfonso Pérez Pérez, José Manuel Mosquera Sante, Egano, S.L.

Xulgado de orixe dos autos: Xulgado do Social número 3 de Ourense. Demanda 217/2009.

María Socorro Bazarra Varela, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que nas actuacións de recurso de suplicación número 5435/2009-RF a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 217-2009 do Xulgado do Social número 3 de Ourense promovidos por Odilo González Táboas contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, Jorge Temes Montes, Alfonso Pérez Pérez, José Manuel Mosquera Sante, Egano, S.L., con data do 16 de outubro de 2012 se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Decidimos.

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado David de León Rey, en nome e representación de Asepeyo, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social nº 151, debemos confirmar e confirmamos a sentenza do dezanove de maio de dous mil nove ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense en proceso nº 217/2009 promovido por Odilo González Táboas contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Asepeyo, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social nº 151 e Egano, S.L., con imposición das custas causadas no recurso á mutua recorrente que abranguerán os honorarios do letrado impugnante do seu recurso por importe de 300 euros así como, se é o caso, a perda dos depósitos e consignacións efectuadas para recorrer.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala de lo social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o original ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

O anteriormente inserido concorda e correspóndese fielmente co seu orixinal, ao cal me remito. Na súa virtude, para que así conste ante quen corresponda, expido e asino o presente testemuño na Coruña o dezaseis de outubro de dous mil doce.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no DOG a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Egano, S.L. con último domicilio coñecido en estrada Celanova- A Valenzá, 5, baixo B, Barbadás-Ourense coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de outubro de 2012

A secretaria xudicial