Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43531

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (372/2008).

No procedemento verbal 372/2008, no 16 de outubro de 2012 foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Betanzos, 16 de outubro de 2012.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 3 desta cidade, os presentes autos do xuízo verbal 372/2008, seguidos por instancia de Josefa Balado García, representada polo Sr. Pedreira del Río, baixo a asistencia letrada da Sra. Romay Roldán, contra Nieves García Balado e os herdeiros descoñecidos e incertos desta, en situación de rebeldía.

Resolvo estimar a demanda presentada polo procurador Sr. Pedreira del Río no nome e representación invocada e, en consecuencia, procede a venda en poxa pública con admisión de licitadores estraños do inmoble descrito no feito 1º e 2º e título de propiedade presentado coa demanda, con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que é firme e que non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Nieves García Balado e os herdeiros descoñecidos e incertos de Nieves García Balado, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Betanzos, 17 de outubro de 2012

O/a secretario/a xudicial