Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43532

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (206/2011).

No procedemento ordinario nº 206/11-m, no 16 de outubro de 2012, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Betanzos, 16 de outubro de 2012.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 desta cidade, os presentes autos do xuízo ordinario 206/2011, seguidos por instancia de Banco Popular Español, S.A., representado polo Sr. Pedreira del Río, baixo a asistencia letrada da Sra. Campos Rodríguez, contra Daniel Zimmerman, en situación de rebeldía procesual.

Resolvo:

Estimar integramente a demanda presentada polo procurador Sr. Pedreira del Río no nome e representación invocada e, en consecuencia, condenar o demandado a aboar á demandante a cantidade de sete mil trescentos sesenta e seis euros con noventa e sete céntimos (7.366,97 euros), máis os xuros convencionais pactados que se perciban desde a data de interpretación xudicial ata a data de pagamento, así como ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interporse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 euros, o que deberá ser acreditado cando a presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos.

Publicación. A anterior sentenza foi dada, ditada e lida no día da data, en audiencia pública. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Daniel Zimmermann, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Betanzos, 17 de outubro de 2012

O/a secretario/a xudicial