Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43534

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (542/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 542/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Germán Barja Lombao contra a empresa Hormigones Lucenses, S.A. sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxa parte dispositiva literalmente di:

«Que, estimando a demanda interposta por Germán Barja Lombao contra a empresa Hormigones Lucenses, S.A, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante con efectos do 5 de maio de 2012, e condeno a empresa demandada a que no prazo de cinco días desde a notificación da presente resolución, opte entre a readmisión do demandante nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento ou unha indemnización equivalente a 65.428,5 euros, en caso de optar pola readmisión a aboarlle ao traballador os salarios de tramitación en contía de 53 euros diarios. De non optar entre readmisión ou indemnización enténdese que procede a primeira».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 30 de outubro de 2012

O secretario xudicial