Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43381

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3526/2012-RMR).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 2 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 0003526/2012 desta sección, seguido por instancia de Guillermo Martínez Mouriño contra o Fogasa, a empresa Taguive, S.L., Fibras de Madeira, S.A., a administración concursal Taguive, S.L. e Industrias de Taboleiros de Valga, S.A. (Intavalsa), sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Rexeitamos o recurso de suplicación formulado polo letrado Miguel Lamela Méndez, en nome e representación de Guillermo Martínez Mouriño, contra a Sentenza do 20 de marzo de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, no procedemento número 10/12, seguido contra as empresas Taguive, S.L., en situación legal de concurso, contra María Dolores Carpintero Vázquez, na súa condición de administradora concursal, contra Industrias Taboleiros Valga, S.A., contra Fibras de Madeira, S.A. e contra o Fogasa, sobre extinción de contrato; a resolución expresada confirma integramente e en todo os seus pronunciamentos».

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporando o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que lle sirva de notificación en forma á patronal Teguive, S.L., con último domicilio coñecido en estrada N-120, km 639,90, Vilasobroso, 36879 Mondariz (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de outubro de 2012

A secretaria xudicial