Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43383

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3328/2012 CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3328/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 146/2012 Xulgado do Social número 2 de Ourense.

Recorrente: Fernando Gonçalves Fernandes.

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo.

Recorridos: Adolfo Domínguez, S.A., empresa Josefa Fernández Fernández, Diad, S.A., Adolfo Domínguez Difusión, S.L.

Avogado: Julio Negro López.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 3328/2012 seguido por instancia de Fernando Gonçalves Fernandes contra Adolfo Domínguez, S.A., empresa Josefa Fernández Fernández, Diad, S.A., Adolfo Domínguez Difusión, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Fernando Gonçalves Fernandes contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense do 2 de abril de 2012, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes aos da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Josefa Fernández Fernández e Diad, S.A., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido no polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino a presente edicto.

A Coruña, 24 de outubro de 2012

A secretaria xudicial