Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43360

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2012 pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de profesorado contratado doutor (CD1202).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU, e no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, e a teor do establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, e no punto 1.1 do artigo 23 da Lei 2/2012, do 29 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2012 (BOE do 30 de xuño).

Esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolveu convocar a concurso a/as praza/s que figura no anexo I da presente resolución, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira. Normas xerais

Este concurso rexerase pola LOU, polo Decreto 266/2002, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en adiante Lei 30/1992), os estatutos da Universidade de Vigo, polo Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo aprobado polo Consello de Goberno o 14 de xuño de 2005, e pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios e do procedemento de selección de profesorado contratado doutor con vinculación permanente na Universidade de Vigo, aprobada polo Consello de Goberno o 8 de outubro de 2008.

Segunda. Requisitos das persoas candidatas

2.1. Para poder ser admitidas á realización destas probas selectivas, as persoas que sexan aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles Estados, aos que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras nos termos establecidos na Lei 7/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril).

Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, das persoas con nacionalidade española e de quen sexa nacional doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España.

Os nacionais de Estados distintos dos apuntados anteriormente poderán tamén participar nos concursos e ser contratados sempre que se atopen legalmente en España, dispoñendo do documento que lles habilite para residir e acceder sen limitacións ao mercado de traballo.

b) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión da titulación de doutor ou doutora. No caso de títulos obtidos no estranxeiro deberá achegarse credencial que acredite a súa homologación ou o seu recoñecemento para o exercicio como docente de universidade.

d) Acreditar a avaliación positiva pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación ou pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Quen pertenza aos corpos docentes universitarios e as persoas candidatas que se atopen habilitadas ou acreditadas para estas resultarán admitidas nos termos e condicións establecidos na Resolución da Dirección Xeral de Universidades do 18 de febreiro de 2005 (BOE do 4 de marzo).

e) Ter aboado as taxas por dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes.

f) Non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera das Administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos. As persoas aspirantes cuxa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar non estaren inhabilitados ou en situación equivalente, nin estar sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

g) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas correspondentes á praza.

Terceira. Solicitudes

3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo II a esta convocatoria e dirixiranse ao reitor da Universidade de Vigo no prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na universidade, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992.

3.2. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral (Edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario, 36310 Vigo), ou nos rexistros auxiliares da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra, Campus de Ourense e r/ Torrecedeira, nº 86 de Vigo), ou de acordo coas restantes formas previstas en artigo 38 da Lei 30/1992. As solicitudes no estranxeiro deberán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

Os dereitos de exame para cada praza (referencia) serán de 40,74 euros e ingresaranse na conta corrente número 2080-0501-1231-1000-0112, Nova Galicia Banco. «Taxas». O pagamento realizarase directamente nas oficinas da citada entidade, utilizando exclusivamente o impreso de solicitude (anexo II). A entidade bancaria fará constar no xustificante o código CD1202, e a persoa interesada engadirá a referencia completa da praza na que desexa participar. No caso de pago mediante transferencia bancaria deberá constar obrigatoriamente o nome e apelidos da persoa interesada e a referencia da praza na que concursa. En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pago na entidade bancaria suporán a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.

Segundo o disposto no artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % e os membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Aplicarase unha bonificación do 50 % na taxa de inscrición aos membros de familias numerosas de categoría xeral. Nos tres supostos será necesario que coa solicitude presenten as respectivas certificacións que o acrediten.

Así mesmo, terán unha bonificación do 50 % da taxa as persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación da presente convocatoria e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, aspectos que deberán ser certificados pola oficina dos servizos públicos de emprego.

Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio as persoas que sexan aspirantes cando as probas non se realicen, sempre que cubrisen os datos bancarios necesarios para facer a devolución.

3.3. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, sendo causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia simple do documento nacional de identidade. Quen sexa aspirante, non posúa a nacionalidade española e teña dereito a participar deberá presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo de quen sexa nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Fotocopia compulsada do título de doutor ou doutora. Cando corresponda, deberá acompañarse da credencial de homologación ou recoñecemento profesional.

c) Fotocopia compulsada da credencial da avaliación positiva da súa actividade docente e investigadora expedida pola axencia ou órgano de avaliación competente. A persoa que sexa funcionaria dos corpos docentes universitarios deberá presentar certificación de servizos prestados acreditativa de tal condición e as persoas candidatas que se atopen habilitadas copia da credencial que o acredite.

d) No suposto de ser docente dunha praza de igual categoría, folla de servizos orixinal que acredite o seu desempeño.

e) Xustificante do pagamento de taxas de exame.

3.4. Os erros de feito que se puidesen advertir, poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada. Quen sexa aspirante queda vinculado aos datos que fixese constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola Universidade.

Cuarta. Admisión de aspirantes

4.1. No prazo máximo de 15 días hábiles dende o remate do prazo de presentación de solicitudes, o reitor da Universidade de Vigo ditará unha resolución aprobando a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo, que servirá de notificación para todos os efectos, e a título divulgativo nos taboleiros de anuncios dos rexistros auxiliares e no enderezo da internet: http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PDI/emprego/, punto Convocatorias concursos de acceso.

4.2. Contra a dita resolución, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Resoltas as ditas reclamacións publicarase nos mesmos lugares a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas.

Quinta. Comisión de acceso

5.1. As comisións de acceso deberán procurar unha composición equilibrada entre mulleres e homes, salvo cando non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas, debidamente motivadas. De acordo co que establece o artigo 83 dos estatutos da Universidade de Vigo, a composición das comisións é a que figura no anexo III desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

Salvo petición da presidencia noutro sentido e debidamente autorizada, cada comisión terá a súa sede e actuará no centro no que teña a súa sede o departamento ao que se adscriba cada unha das prazas convocadas.

5.2. O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada por esta reitoría. Os membros da comisión deberán absterse de actuar e poderán ser recusados nos casos e polos motivos previstos no artigo 28 da Lei 30/1992. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, as persoas afectadas serán substituídas polos respectivos suplentes e, no seu defecto, por orde correlativa e en último caso resolverá o reitor.

5.3. A comisión deberá constituírse no prazo dun mes desde a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. Transcorrido o prazo sen que se constituíse, o reitor procederá á substitución da persoa que exerza a presidencia titular.

5.4. A constitución de cada comisión exixirá a asistencia de cinco dos seus membros, titulares ou suplentes, se é o caso. A presidencia, unha vez realizadas as consultas pertinentes cos restantes membros, convocará a quen sexa membro titular e, de se-lo caso, suplente, cunha antelación mínima de dez días hábiles, fixando lugar, data e hora para proceder ao acto de constitución da comisión. Os membros titulares serán substituídos polos seus respectivos suplentes, en primeiro lugar, ou por orde correlativa.

No acto de constitución a comisión establecerá os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza e os fará públicos antes do acto de presentación dos candidatos e candidatas.

5.5. Unha vez constituída a comisión, en caso de ausencia da persoa que exerza a presidencia será substituída polo catedrático ou catedrática de universidade con maior antigüidade que teña recoñecidos, polo menos, dous tramos de investigación.

5.6. Para que a comisión poida actuar validamente requirirase a asistencia de, cando menos, tres dos seus membros entre os que figurarán obrigatoriamente as persoas que ocupen a presidencia e a secretaría. Os membros da comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen ter incorrido. Á secretaría de cada comisión corresponderalle as actuacións administrativas e a xestión económica propias da comisión, auxiliado polo persoal de administración e servizos do centro no que teña a súa sede.

5.7. Durante o desenvolvemento do concurso, a comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación axustarase ao disposto na Lei 30/1992.

Sexta. Acto de presentación e proba

6.1. A presidencia da comisión convocará a quen participe no concurso ao acto de presentación cunha antelación mínima de dez días hábiles, indicando lugar e hora para realizar o acto de presentación.

6.2. No acto de presentación que será público, cada concursante entregará:

a) O currículum vitae por sextuplicado, que deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo IV, no que detallarán os seus méritos, historial académico docente e investigador.

b) O seu proxecto docente e investigador adecuado ao perfil do concurso, tamén por sextuplicado.

c) Un exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos do consignado no currículum, con independencia de que a comisión poida solicitar documentación complementaria acreditativa orixinal ou compulsada.

6.3. No acto de presentación determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación das persoas candidatas, e a comisión fixará e publicará o lugar, data e hora de comezo da proba, a cal deberá iniciarse no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao acto de presentación. Este prazo poderá ser renunciable por escrito polas persoas concursantes. Igualmente, a comisión fixará o prazo durante o que poderán examinar a documentación presentada polas restantes persoas que concursen.

6.4. A comisión valorará exclusivamente os méritos que, sendo alegados por quen sexa aspirante no currículum vitae, estean debidamente xustificados e sempre referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

6.5. Os concursos realizaranse nas dependencias da Universidade de Vigo. Constarán dunha única proba que será pública e que consistirá na exposición oral, durante un tempo mínimo de trinta minutos e máximo de dúas horas, dos méritos e historial académico docente e investigador, así como do proxecto docente e investigador presentado. A continuación, a comisión debaterá co candidato ou candidata durante un tempo máximo de dúas horas sobre os seus méritos, o seu proxecto docente e investigador e a adecuación destes ao perfil da praza obxecto do concurso.

6.6. Finalizada a proba, cada membro da comisión entregaralle a presidencia un informe razoado, axustado aos criterios previamente fixados de cada un das persoas que concursen, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.

6.7. Para superar a proba é necesario obter, polo menos, tres votos favorables dos membros da comisión. De non acadar ningunha candidatura polo menos tres votos favorables, o proceso poderá concluír coa proposta de non provisión, que deberá ser suficientemente motivada.

6.8. A proposta de provisión de prazas realizarase con base nos votos favorables recibidos dos membros da comisión. En caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto da presidencia.

Sétima. Proposta, presentación de documentos e formalización de contratos

7.1. A comisión elevará ao reitor, motivadamente e con carácter vinculante, a relación de todas as persoas que superaren a proba por orde de preferencia. A comisión poderá propor a non provisión da praza xustificando esta decisión. Este acordo publicarase no centro onde se celebre a proba e servirá de notificación ás persoas interesadas para todos os efectos.

7.2. No prazo dos tres días hábiles seguintes ao de finalización da súa actuación, a secretaría da comisión entregará no Servizo de Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo a documentación completa relativa ás súas actuacións e un exemplar da documentación presentada por cada persoa que concursase.

7.3. As persoas propostas para a provisión das prazas deberán presentar no prazo dos vinte días naturais seguintes ao de publicación da proposta da comisión no lugar de celebración da proba, nos lugares e conforme o procedemento previsto na base 3.2., os seguintes documentos:

a) Declaración de non incorrer en incompatibilidade, segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro (BOE do 4 de xaneiro de 1985).

b) Declaración xurada ou promesa de non estar en separación de servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos, en virtude de expediente disciplinario para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.

Quen concurse e non desempeñen a nacionalidade española deberán acreditar non estar baixo sanción disciplinaria ou condena penal que impidan, no seu Estado, o acceso á función pública segundo o establecido na Lei 7/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril).

c) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que o incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a docente de universidade.

Quen teña a condición de funcionario de carreira estará exento de xustificar e presentar os documentos dos puntos «b» e «c», tendo que presentar certificado (folla de servizos prestados) da universidade ou organismo do que dependan que acredite a súa condición e das circunstancias que consten na folla de servizos. De acordo coa base 3.3 d), non será necesario o dito certificado cando xa se tivera achegado coa solicitude de participación.

7.4. O reitor da Universidade de Vigo efectuará o nomeamento como profesor contratado doutor ou como profesora contratada doutora das persoas propostas pola comisión nun número delas que non exceda o número de prazas convocadas a concurso, unha vez que acrediten en prazo a documentación requirida; de non facelo, o reitor procederá, se é o caso, ao nomeamento da seguinte persoa na orde proposta.

7.5. O nomeamento especificará a denominación da praza, categoría e área de coñecemento, e remitirase para a súa publicación ao Diario Oficial de Galicia.

7.6. No prazo máximo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia, formalizarase a contratación da persoa proposta. A sinatura do contrato ten carácter persoal e intransferible. No caso de que non asine no prazo sinalado sen autorización expresa, considerarase que renuncia á praza e poderase proceder ao nomeamento da seguinte persoa na orde prevista na base 7.1.

7.7. O contrato terá duración indefinida e a xornada de traballo será a fixada con carácter xeral para os corpos docentes universitarios. O período de proba será de 6 meses, considerándose superado sempre que non conste obxección expresa contraria dentro dese prazo.

7.8. As referencias a necesidades e obrigacións docentes e ao centro de adscrición que poida conter a convocatoria non suporán para quen teña adxudicada a praza dereito de vinculación exclusiva a tal actividade docente e destino.

7.9. O contrato estará suxeito á Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. O seu incumprimento será causa de extinción do contrato.

Oitava. Comisión de reclamacións

8.1. Contra a proposta da comisión, as persoas admitidas no concurso poderán presentar reclamación ante o reitor da Universidade de Vigo, no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación no lugar de celebración da proba. Admitida a trámite a reclamación, suspenderase o nomeamento ata a súa resolución definitiva.

8.2. As reclamacións que se presenten anunciaranse no taboleiro de anuncios do rexistro xeral da Universidade de Vigo, publicación que servirá de notificación para todos os efectos. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días naturais para formular alegacións en orde ao contido da reclamación.

8.3. As reclamacións serán valoradas pola Comisión de Reclamacións da Universidade de Vigo que examinará o expediente relativo ao concurso, valorará os aspectos puramente procedimentais, e verificará o efectivo respecto, por parte da Comisión de Selección, da igualdade de condicións dos candidatos e candidatas e dos principios de mérito e de capacidade destes no procedemento do concurso de acceso. Resolverá no prazo máximo de tres meses, ratificando ou non a proposta reclamada. Neste último caso, retrotraerase o expediente ata o momento en que se produciu o vicio, debendo a Comisión de Selección formular nova proposta, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da Comisión de Reclamacións.

8.4. As resolucións do reitor a que se refire o punto anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Novena. Devolución de documentación

A documentación presentada no concurso deberá ser retirada exclusivamente no Servizo de Persoal docente e investigador pola persoa interesada dentro do prazo de tres meses contados desde a finalización do procedemento, ou, se é o caso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza. A documentación que non fose retirada no dito prazo será destruída.

Décima. Protección de datos

De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, de proteción de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), os datos facilitados por quen sexa aspirante, pasarán a formar parte do ficheiro de persoal, cuxa finalidade é a xestión do persoal da Universidade de Vigo, xestión da docencia e investigación, xestión da participación do persoal nos servizos e actos administrativos, así como a xestión da participación dos candidatos e candidatas nos procesos de selección. Os datos contidos neste arquivo poderán ser tratados con fines históricos, estatísticos ou científicos.

Décimo primeira. Norma derradeira

11.1 O tempo transcorrido entre a publicación desta convocatoria e a resolución do concurso non poderá exceder dos catro meses. Para estes efectos o mes de agosto considerarase inhábil.

11.2 Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 12 de novembro de 2012

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I
Relación de prazas convocadas

1

Código:

CD1202-C01-027-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesorado contratado doutor

Área de coñecemento:

A-027 Anatomía e embrioloxía humanas

Departamento:

C01 Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Actividade docente e investigadora:

Anatomía e embrioloxía humana

Centro de traballo:

205 Facultade de Fisioterapia

2

Código:

CD1202-C01-410-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesorado contratado doutor

Área de coñecemento:

A-410 Fisioloxía

Departamento:

C01 Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Actividade docente e investigadora:

Fisioloxía humana. Bioquímica e biofísica.

Centro de traballo:

302 Facultade de Bioloxía-Vigo

3

Código:

CD1202-C02-412-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesorado contratado doutor

Área de coñecemento:

A-412 Fisioloxía vexetal

Departamento:

C02 Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo

Actividade docente e investigadora:

Fisioloxía vexetal ambiental. Fisioloxía de organismos mariños. Diversidade vexetal de tipos funcionais: adaptacións ecofisiolóxicas ó estrés.

Centro de traballo:

302 Facultade de Bioloxía-Vigo

4

Código:

CD1202-C02-412-CD-02

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesorado contratado doutor

Área de coñecemento:

A-412 Fisioloxía vexetal

Departamento:

C02 Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo

Actividade docente e investigadora:

Fisioloxía vexetal. Interacción do cambio climático co metabolismo secundario vexetal.

Centro de traballo:

302 Facultade de Bioloxía-Vigo

5

Código:

CD1202-C04-220-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesorado contratado doutor

Área de coñecemento:

A-220 Ecoloxía

Departamento:

C04 Ecoloxía e Bioloxía Animal

Actividade docente e investigadora:

Ecoloxía mariña

Centro de traballo:

310 Facultade de Ciencias do Mar-Vigo

6

Código:

CD1202-C04-220-CD-02

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesorado contratado doutor

Área de coñecemento:

A-220 Ecoloxía

Departamento:

C04 Ecoloxía e Bioloxía Animal

Actividade docente e investigadora:

Ecoloxía mariña

Centro de traballo:

310 Facultade de Ciencias do Mar-Vigo

7

Código:

CD1202-C07-640-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesorado contratado doutor

Área de coñecemento:

A-640 Nutrición e bromatoloxía

Departamento:

C07 Química Analítica e Alimentaria

Actividade docente e investigadora:

Materias da área

Centro de traballo:

101 Facultade de Ciencias-Ourense

8

Código:

CD1202-H09-185-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesorado contratado doutor

Área de coñecemento:

A-185 Debuxo

Departamento:

H09 Debuxo

Actividade docente e investigadora:

Técnicas gráficas

Centro de traballo:

201 Facultade de Belas Artes-Pontevedra

9

Código:

CD1202-X06-225-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesorado contratado doutor

Área de coñecemento:

A-225 Economía aplicada

Departamento:

X06 Economía Aplicada

Actividade docente e investigadora:

Economía aplicada

Centro de traballo:

303 Fac. CC. Económicas e Empresariais-Vigo

10

Código:

CD1202-X06-225-CD-02

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesorado contratado doutor

Área de coñecemento:

A-225 Economía aplicada

Departamento:

X06 Economía Aplicada

Actividade docente e investigadora:

Economía aplicada

Centro de traballo:

204 Fac. CC. Sociais e da Comunicación-Pontevedra

11

Código:

CD1202-X08-415-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesorado contratado doutor

Área de coñecemento:

A-415 Fundamentos da análise económica

Departamento:

X08 Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas

Actividade docente e investigadora:

Microeconomía

Centro de traballo:

303 Fac. CC. Económicas e Empresariais-Vigo

ANEXO III
Comisións de selección

Praza: CD1202-C01-027-CD-01

(1)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

José Luis Labandeira García

Catedrático de universidade

Santiago de Compostela

Secretaría

José Manuel García Estévez

Profesor titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Jannette Rodríguez Pallares

Profesora titular de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía segunda

María Pilar Aroca Tejedor

Profesora titular de universidade

Murcia

Vogalía terceira

Cristina Arias Fernández

Catedráticoa de universidade

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

Federico Mallo Ferrer

Catedrático de universidade

Vigo

Secretaría

José Luis Soengas Fernández

Catedrático de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Ana María Muñoz Patiño

Profesora contratada doutora

Santiago de Compostela

Vogalía segunda

María Josefa Natividad Guerra Seijas

Catedrática de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía terceira

Miguel Enrique del Valle Soto

Catedrático de universidade

Oviedo

Praza: CD1202-C01-410-CD-01

(2)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Manuel Alejo Aldegunde Villar

Catedrático de universidade

Santiago de Compostela

Secretaría

Miguel Alfonso Pallares

Profesor titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

María Eugenia Muñoz Bermejo

Catedrática de universidade

Salamanca

Vogalía segunda

María Isabel Míguez Besada

Profesora titular de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía terceira

Encarnación de Miguel Villegas

Profesora titular de universidade

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

José Luis Soengas Fernández

Catedrático de universidade

Vigo

Secretaría

Jesús Manuel Míguez Miramontes

Profesor titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Consuelo Borrás Blasco

Profesora titular de universidade

Valencia

Vogalía segunda

Antonio Alberola Aguilar

Catedrático de universidade

Valencia

Vogalía terceira

Carmen Sieiro Vázquez

Profesora titular de universidade

Vigo

Praza: CD1202-C02-412-CD-01

(3)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Carmen Lluch Plá

Catedrática de universidade

Granada

Secretaría

Manuel Joaquín Reigosa Roger

Profesor titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Luis González Rodríguez

Profesor titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

Vanessa Martos Núñez

Profesora titular de universidade

Granada

Vogalía terceira

Pedro Piedras Montilla

Profesor titular de universidade

Córdoba

Comisión suplente

Presidencia

Manuel Pineda Priego

Catedrático de universidade

Córdoba

Secretaría

María Estrella Legaz González

Catedrática de universidade

Complutense de Madrid

Vogalía primeira

Luis F. García del Moral Garrido

Catedrático de universidade

Granada

Vogalía segunda

Secundino del Valle Tascón

Catedrático de universidade

Valencia

Vogalía terceira

Charlotte Poschenrieder Wiens

Catedrática de universidade

Autónoma de Barcelona

Praza: CD1202-C02-412-CD-02

(4)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Carmen Lluch Plá

Catedrática de universidade

Granada

Secretaría

Manuel Joaquín Reigosa Roger

Profesor titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Manuel Pineda Priego

Catedrático de universidade

Córdoba

Vogalía segunda

Luis González Rodríguez

Profesor titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Luis F. García del Moral Garrido

Catedrático de universidade

Granada

Comisión suplente

Presidencia

Secundino del Valle Tascón

Catedrático de universidade

Valencia

Secretaría

Rosa María Cusido Vidal

Catedrática de universidade

Barcelona

Vogalía primeira

María del Carmen Begoña González Murúa

Catedrática de universidade

País Vasco

Vogalía segunda

Vanessa Martos Núñez

Profesora titular de universidade

Granada

Vogalía terceira

Charlotte Poschenrieder Wiens

Catedrática de universidade

Autónoma de Barcelona

Praza: CD1202-C04-220-CD-01

(5)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Emilio Fernández Suárez

Catedrático de universidade

Vigo

Secretaría

Emilio Marañón Sainz

Profesor titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Marta Estrada Miyares

Profesora investigador/a

ICM-CSIC Barcelona

Vogalía segunda

Francisco Gómez Figueiras

Profesor investigador

IIM-CSIC Vigo

Vogalía terceira

Celia Marrasé Peña

Investigadora científica

ICM-CSIC Barcelona

Comisión suplente

Presidencia

María Consolación Fernández González

Catedrática de universidade

Oviedo

Secretaría

Mariano de la Lastra Valdor

Profesor titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Isabel Reche Cañabate

Profesora titular de universidade

Granada

Vogalía segunda

José Luis Acuña Fernández

Profesor titular de universidade

Oviedo

Vogalía terceira

Fidel María Echevarría Navas

Catedrático de universidade

Cádiz

Praza: CD1202-C04-220-CD-02

(6)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Emilio Fernández Suárez

Catedrático de universidade

Vigo

Secretaría

Emilio Marañón Sainz

Profesor titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Marta Estrada Miyares

Profesora investigadora

ICM-CSIC Barcelona

Vogalía segunda

Celia Marrasé Peña

Investigadora científica

ICM-CSIC Barcelona

Vogalía terceira

Fidel María Echevarría Navas

Catedrático de universidade

Cádiz

Comisión suplente

Presidencia

Carlos Manuel García Jiménez

Catedrático de universidade

Cádiz

Secretaría

Bernardino González Castro

Profesor titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

José Luis Acuña Fernández

Profesor titular de universidade

Oviedo

Vogalía segunda

María Consolación Fernández González

Catedrática de universidade

Oviedo

Vogalía terceira

Elisa Berdalet Andrés

Científica titular

ICM-CSIC Barcelona

Praza: CD1202-C07-640-CD-01

(7)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Jesús Simal Gándara

Catedrático de universidade

Vigo

Secretaría

Beatriz Cancho Grande

Profesora titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

María Cristina Yagüe Ruiz

Profesora titular de universidade

Zaragoza

Vogalía segunda

Elena Martínez Carballo

Profesora titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Yolanda Picó García

Catedrática de universidade

Valencia

Comisión suplente

Presidencia

Alberto Cepeda Sáez

Catedrático de universidade

Santiago de Compostela

Secretaría

Nelson Pérez Guerra

Profesor titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Lorenzo Miguel Pastrana Castro

Catedrático de universidade

Vigo

Vogalía segunda

María del Carmen Vidal Carou

Catedrática de universidade

Barcelona

Vogalía terceira

Perfecto Miguel Paseiro Losada

Catedrático de universidade

Santiago de Compostela

Praza: CD1202-H09-185-CD-01

(8)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Jesús Luis Pastor Bravo

Catedrático de universidade

Vigo

Secretaría

Ana María Soler Baena

Contratada doutora

Vigo

Vogalía primeira

Almudena María Fernández Fariña

Contratada doutora

Vigo

Vogalía segunda

Juan Martínez Moro

Profesor titular de universidade

Cantabria

Vogalía terceira

Fernando Evangelio Rodríguez

Profesor titular de universidade

Politécnica de Valencia

Comisión suplente

Presidencia

María Yolanda Herranz Pascual

Catedrática de universidade

Vigo

Secretaría

Marina Núñez Jiménez

Profesora titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Antonio María Bandera Vera

Profesor titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

José Ramón Alcalá Mellado

Catedrático de universidade

Castilla-La Mancha

Vogalía terceira

Jaime González de Aledo Codina

Profesor titular de universidade

Complutense de Madrid

Praza: CD1202-X06-225-CD-01

(9)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Manuel María Varela Lafuente

Catedrático de universidade

Vigo

Secretaría

Fernando Toboso López

Profesor titular de universidade

Valencia

Vogalía primeira

Eugenio Aguiló Pérez

Catedrático de universidade

Les Illes Balears

Vogalía segunda

Beatriz González López-Valcárcel

Catedrática de universidade

Las Palmas de Gran Canaria

Vogalía terceira

José María Mella Márquez

Catedrático de universidade

Autónoma de Madrid

Comisión suplente

Presidencia

María Dolores Garza Gil

Catedrática de universidade

Vigo

Secretaría

Guillermina Martín Reyes

Catedrática de universidade

Málaga

Vogalía primeira

Josefa Olga Ogando Canabal

Catedrática de universidade

Valladolid

Vogalía segunda

Javier Bilbao Ubillos

Profesor titular de universidade

País Vasco

Vogalía terceira

Rafael Muñoz del Bustillo Llorente

Catedrático de universidade

Salamanca

Praza: CD1202-X06-225-CD-02

(10)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Manuel María Varela Lafuente

Catedrático de universidade

Vigo

Secretaría

Alberto Gago Rodríguez

Catedrático de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Beatriz González López-Valcárcel

Catedrática de universidade

Las Palmas de Gran Canaria

Vogalía segunda

Javier Bilbao Ubillos

Profesor titular de universidade

País Vasco

Vogalía terceira

Eugenio Aguiló Pérez

Catedrático de universidade

Les Illes Balears

Comisión suplente

Presidencia

María Dolores Garza Gil

Catedrática de universidade

Vigo

Secretaría

Guillermina Martín Reyes

Catedrática de universidade

Málaga

Vogalía primeira

Rafael Muñoz del Bustillo Llorente

Catedrático de universidade

Salamanca

Vogalía segunda

José María Mella Márquez

Catedrático de universidade

Autónoma de Madrid

Vogalía terceira

Josefa Olga Ogando Canabal

Catedrática de universidade

Valladolid

Praza: CD1202-X08-415-CD-01

(11)

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Jaime Alonso Carrera

Catedrático de universidade

Vigo

Secretaría

María Montero Muñoz

Profesora titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Carlos Juan de Miguel Palacios

Profesor titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

José María Martín Moreno

Profesor titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

María Jesús Freire Serén

Profesora titular de universidade

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

José Andrés Faíña Medín

Catedrático de universidade

A Coruña

Secretaría

María Consuelo Pazó Martínez

Profesora titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

María del Mar González Savignat

Profesora titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

Baltasar Manzano González

Profesor titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Fidel Castro Rodríguez

Profesor titular de universidade

Vigo

ANEXO IV
Currículum vitae

– Datos persoais:

Apelidos e nome.

DNI.

Data, localidade e provincia de nacemento.

Enderezo, localidade e provincia de residencia.

Teléfono e enderezo electrónico.

Categoría actual como docente, centro, departamento e área de docencia actual.

– Datos académicos:

1. Títulos académicos: clase, organismo e centro expedidor, data, cualificación se a houbese.

2. Postos docentes desempeñados: categoría, organismo ou centro, réxime de adicación, data de nomeamento ou contrato, data de cese.

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.

5. Publicacións de libros e monografías: autoría ou coautoría/s, título, editor, editorial, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas ou estranxeiras autoría ou coautoría/s, título, revista, volume, páxina, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

10. Comunicacións e ponencias presentadas a congresos: título, organizador, carácter nacional ou internacional, lugar, data.

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos: centro, organismo, materia, actividade desenvolta, data.

13. Cursos e seminarios recibidos: centro, organismo, materia, data.

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (posteriores á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados: cargo, centro, período.

19. Dilixencia de referendo do currículum.

missing image file