Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43268

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas

EDICTO (529/2007).

No procedemento de referencia ditouse sentenza en data 11 de xullo de 2011 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sergio Orduña Alonso, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas e o seu partido, viu os presentes autos de divorcio contencioso número 529/2007, promovidos por Javier Santome Casqueiro, representado polo procurador Sr. González, en substitución do procurador Sr. Soto, e asistido do letrado Sr. Farto, contra Raquel Cristina da Conceiçao Celestino.

Decisión.

Que admitindo a demanda de divorcio presentada polo procurador Sr. Soto Santiago, en nome e representación de Javier Santome Casqueiro, contra Raquel Cristina da Conceiçao Celestino, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio dos citados cónxuxes. Así mesmo, adóptanse as seguintes medidas:

A patria potestade respecto do fillo menor de idade será titularidade de ambos os dous proxenitores, ben que o exercicio desta e polo tanto a garda e custodia se atribúen ao pai aquí demandante.

A nai e demandada terá recoñecido un réxime de visitas de fins de semana alternos sen posibilidade de pernoita do menor.

Establécese unha pensión de alimentos que deberá aboar a demandada a favor do fillo menor na contía de 150 euros mensuais, que se aboarán dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que para tal efecto estableza o pai, e será actualizable conforme as variacións de IPC.

Non se fai expresa condena en custas dada a especial natureza deste tipo de procedementos.

Contra esta sentenza cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de León no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación de 50 € na conta do expediente, de conformidade co ordenado na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009. Faise saber ás partes que conforme establece o artigo 774 da LAC: «5. Os recursos que, conforme a lei, se interpoñan contra a sentenza non suspenderán a eficacia das medidas que se tiveren acordado nesta. Se a impugnación afectase unicamente os pronunciamentos sobre medidas, declararase a firmeza do pronunciamento sobre a nulidade, separación ou divorcio».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Raquel Cristina da Conceiçao Celestino, declarada en rebeldía procesual, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Cangas, 12 de xullo 2011

O/a secretario/a